Retrato de José Estévez Veloso no servicio militar en Alcazarquivir

Home »  Emigración »  Retrato de José Estévez Veloso no servicio militar en Alcazarquivir

  • AUTOR: descoñecido.
  • DESCRIPCIÓN: retrato de José Estévez Veloso, vestido coa indumentaria militar de Marrocos, en Alcazarquvir. Trátase dunha foto de estudo, aparece de pé, na súa man esquerda leva un puro e apoiase nuha mesa, onde se atopa un ramillete de flores coloreadas en tonos vermellos. Ao fondo un telón e sobre o chan unha alfombra. En canto a súa indumentaria leva posto un traxe militar de color claro, composto por dúas pezas, chaqueta con catro bolsillos, e pantalón “bombacho”. Nos pés botas altas, e medias amarradas cun cordón. Resalta a faixa, coloreada cun tono verdoso, ao igual que os flecos, do gorro que leva na cabeza. É un gorro típico marroquí e tamén está coloreado de vermello escuro.
    É unha foto coloreada, con tonos vermellos e verdes, os puntos coloreados situánse no pano da cintura, o gorro, e as flores da dereita, que están sobre a mesa.
  • DATA DA CAPTURA: década 1930.
  • DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Marrocos.
  • TIPO: fotografía.
  • 0014IRE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>