- AUTOR: Foto Balbino.
- DESCRIPCIÓN: procesión da Virxe da Concepción, que aparece en primeiro termo, portada por catro persoas, cunha base de madeira na que se pode ler: “A DEBOCIÓN DE”, a figura da Virxe leva un manto ondulado e túnica branca con motivos de flores, arredor da súa cabeza unha coroa feita con bombillas. Aos seus pés como base da escultura uns anxos danzantes perseguidos por unha figura semellante a un “cocodrilo”. Detrás o cura, D. José Pardavila e o sancristán, señor Manolo de Suárez. Varias persoas, e a banda de música. Tamén se poden apreciar dous coches, un campo de millo ao fondo e unha árbore a dereita.
- DATA DA CAPTURA: década 1950.
- DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Igrexa de Santa Mª de Salceda.
- TIPO: fotografía.
- 0013MGN