- AUTOR: descoñecido.
- DESCRIPCIÓN: retrato de José Estévez Veloso, vestido coa indumentaria militar de Marrocos, en Alcazarquvir. Trátase dunha foto de estudo, aparece de pé, na súa man esquerda leva un puro e apoiase nuha mesa, onde se atopa un ramillete de flores coloreadas en tonos vermellos. Ao fondo un telón e sobre o chan unha alfombra. En canto a súa indumentaria leva posto un traxe militar de color claro, composto por dúas pezas, chaqueta con catro bolsillos, e pantalón “bombacho”. Nos pés botas altas, e medias amarradas cun cordón. Resalta a faixa, coloreada cun tono verdoso, ao igual que os flecos, do gorro que leva na cabeza. É un gorro típico marroquí e tamén está coloreado de vermello escuro.
É unha foto coloreada, con tonos vermellos e verdes, os puntos coloreados situánse no pano da cintura, o gorro, e as flores da dereita, que están sobre a mesa. - DATA DA CAPTURA: década 1930.
- DESCRIPTOR XEOGRÁFICO: Marrocos.
- TIPO: fotografía.
- 0014IRE
Retrato de José Estévez Veloso no servicio militar en Alcazarquivir
Home » Emigración » Retrato de José Estévez Veloso no servicio militar en Alcazarquivir